Síntese, GRADE e exportacións
O traballo remata en documentos: o diagrama PRISMA 2020, a táboa de resumo de achados con GRADE, as táboas de estudos e a bibliografía dos incluídos.
Diagrama PRISMA 2020
Xérase automaticamente a partir dos contadores da revisión: rexistros por fonte, duplicados eliminados, cribados, excluídos, informes non recuperados, excluídos a texto completo por motivo e estudos incluídos. Descárgase en SVG (editable) e calquera cela se pode fixar a man se cómpre axustar un reconto externo.
GRADE e resumo de achados
- Exportar → GRADE. Define os resultados (outcomes) da revisión.
- Para cada resultado, valora os cinco dominios (risco de nesgo, inconsistencia, evidencia indirecta, imprecisión, nesgo de publicación) e, se procede, os factores que aumentan a certeza.
- A certeza final (alta, moderada, baixa, moi baixa) calcúlase e pódese xustificar.
- Exporta a táboa de resumo de achados en CSV ou Word.
Todas as exportacións
| Exportación | Formato | Contido |
|---|---|---|
| PRISMA 2020 | SVG | Diagrama de fluxo cos recontos actuais. |
| Datos extraídos | CSV, Excel | Unha fila por estudo, unha columna por campo. |
| CSV para metaanálise | CSV | Formato longo para metafor, Stata ou RevMan Web. |
| Risco de nesgo | CSV | Xuízos e xustificacións por dominio. |
| Resumo de achados | CSV, Word | Táboa GRADE por resultado. |
| Protocolo e estudos incluídos | Word | Documento co protocolo, a busca e a táboa de incluídos. |
| RevMan 5 | XML | Metadatos dos estudos para importar en RevMan. |
| Bibliografía | RIS, BibTeX | Todos os rexistros ou só os incluídos, para Zotero, Mendeley ou EndNote. |
| Declaración de uso de IA | Word | Resumo de cada fase na que se usou IA, con modelos e volume. |
| Rexistro | Texto | Ficha preparada para PROSPERO ou OSF. |
Páxina pública
Desde a revisión podes crear unha ligazón pública de só lectura co protocolo e a lista de estudos incluídos, útil para o apéndice do artigo ou para colaboradores externos. Pódese revogar en calquera momento.
Servíuche este capítulo? Dinos que lle falta desde Contacto.